Landeira é esencia galega. Unha mestura de tradición e innovación que dan como resultado un produto único que aposta pola revalorización do rural. Unha revalorización que ten como obxectivo principal servir de alimento ás terras e ás persoas. Todo elo sen esquecernos da sostenibilidade como factor diferencial.
O progresivo aumento do interese por unha alimentación saudable levounos a crear TOFU LANDEIRA como alternativa ás proteínas de orixe animal. Trátase de un produto elaborado a base se soia ecolóxica apto para consumir tanto en cru como cociñado. O seu sabor neutro fai que sexa un alimento especialmente indicado para a súa maridaxe, tanto en doce como en salgado.
Os procesos de cultivo da soia son totalmente ecolóxicos como así o avala o selo do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) que podes ver presente no etiquetado de todos os nosos produtos.
Os nosos produtos están feitos a partires da soia que cultivamos exclusivamente en Galicia. Tanto o proceso de elaboración como o envasado e a distribución realizase tamén integramente aquí, na nosa terra.
O traballo cas mans é a nosa paixón, un valor engadido que fai que cada tofu que elaboramos sexa único. Fabricámolo con moito mimo e dedicación, creando deste xeito un produto artesán de alta calidade.
TOFU LANDEIRA É
© Tofu Landeira é unha marca rexistrada | Pontido nº 25 A – Sigrás – 15181 Cambre |
SÍGUENOS EN