tentamos facer un ciclo pechado

Landeira nace das inquedanzas dun enxeñeiro agrónomo, cuxo obxectivo é crear e dar forma a un produto propio que á vez lle permita traballar e recuperar o verdadeiro valor que teñen as terras galegas.

OS NOSOS PRODUTOS DESTACAN POLO SEU  respecto ao medio natural

Ante a crecente demanda de produtos ecolóxicos, en 2017 puxemos en marcha un pequeno obradoiro en Sigrás (Cambre) onde a día de hoxe estamos a elaborar dúas variedades de tofu a base de soia ecolóxica, e que nestes momentos xa están no mercado. Natural e Afumado.

O tofu é un alimento vexetal cunha base proteica moi interesante, a súa cadea de aminoácidos é idéntica á da proteína animal. Pouco a pouco este tipo de produtos estanse incorporando á dieta omnívora, deixando de ser algo exclusivo de dietas veganas/vexetarianas. Cada vez somos máis os que coñecemos os beneficios do seu consumo.

Produto de calidade cunhas características organolépticas diferenciadas con respecto ao resto de produtos que nos podemos atopar no mercado con base nun cultivo innovador, ecolóxico e plantado en Galicia.

Jose Antonio Landeira

"

enxeñeiro agrónomo // CEO e cofundador

José Antonio Landeira

José Antonio Landeira Mosquera, Enxeñeiro Agrónomo e Técnico Agrícola conta con 18 anos de experiencia como técnico en nutrición e realizando traballos de asesor agronómico. Ten como misión persoal revalorizar as terras galegas.

 

"

cofundadora // socia

Marta García

Marta García Arias, Pedagoga vencellada ó mundo da  formación e con Máster en medio ambiente únese o  proxecto Landeira dende á  admiración profunda que ten ó mundo rural.

 

Marta García