TOFU NATURAL E AFUMADO PARA COMER EN CRU OU COCIÑAR

Probao fresco, en ensaladas ou cociñado: frito, empanado ou á plancha. Tamén é unha excelente base para salsas, cremas, patés e recheos.

Tofu Natural: Peza de tofu de 240 g escorridos ao natural.

Ingredientes: Soia procedente de agricultura ecolóxica, auga, nigari (cloruro de magnesio). Líquido de cobertura: auga e sal. Sen conservantes, nin colorantes, nin glute.

Tofu Afumado: Peza de tofu de 240 g escorridos cun lixeiro afumado con madeira de faia.

Ingredientes: Soia procedente de agricultura ecolóxica, auga, nigari (cloruro de magnesio). Líquido de cobertura: auga e sal. Sen conservantes, nin colorantes, nin glute.

Formato hostalería: Bote de tofu natural e de tofu afumado de 1200 g escorridos. Envase pensado para comedores e hostalería. Faise retorno do envase na contorna.

Ingredientes: Soia procedente de agricultura ecolóxica, auga, nigari (cloruro de magnesio). Líquido de cobertura: auga e sal. Sen conservantes, nin colorantes, nin glute.

o que contan dOS NOSOS PRODUTOS
PACHU
PACHU
Read More
Excelente produto de Galicia. O mellor!
MANOEL
MANOEL
Read More
Moi bo produto o tofu. Proteínas boas de comer e adiante, que nacestes para crecer.
PRISCILLA
PRISCILLA
Read More
Moi boa calidade, sabor e ademáis é un produto local 100% galego.
Previous
Next