Soia ecolóxica, cultivo inédito en Galicia cada vez máis demandada como fonte de proteína vexetaL
Un dos obxectivos deste proxecto é o aproveitamento de terras en abandono para convertelas en terras de cultivo e poder sacar un produto final de calidade, que transmita a nosa identidade.
Tras anos de probas coa produción respectuosa de soia en Galicia comprobamos que os rendementos eran bos. Terá que ver que a soia é unha planta hidrófila, e dicir, precisa de auga en distintos estadios da súa vida. De aí a idoneidade de Galicia.
Plantamos a variedade amarela xa que é o tipo de soia que máis contido proteico ten.
Temos unha das poucas plantacións de soia en ecolóxico non só a nivel galego, se non a nivel estatal.
A soia é un cultivo fixador de nitróxeno, por iso dicimos que alimentamos á terra, non só co cultivo actual senón para futuros cultivos.



