RECEITA TARTA
INGREDIENTES para a base:
100 g de flocos de avea
50 g de anacardios
3 dátiles deshuesados
1 cullerada de aceite de coco
2-3 culleradas de leite de soia
 

ELABORACIÓN BASE:

Trituramos nunha batedora de vaso ou unha picadora todos os ingredientes secos. Engadimos o aceite de coco e volvemos a triturar. Por último engadimos o leite de soia aos poucos ata conseguir a textura adecuada: a masa resultante ten que estar suficientemente húmida para compactarse ao apertala. Con esta masa cubrimos o fondo dun molde ou aro de empratar de 12 cm de diámetro, presionando co dorso dunha culler para que quede ben lisa. Reservamos na neveira.

 
INGREDIENTES para o recheo:
1 bote de tofu Landeira Natural 120 ml de leite de coco
Zume de 1/2 limón
40 g de azucre
1 culleriña de amidón de millo
1/2 culleriña de agar

 

ELABORACIÓN RECHEO:

Poñemos o tofu a escorrer.
Separamos unha tacita de leite de coco e diluímos nela o amidón de millo e o agar. Poñémolo co resto do leite de coco nun cazo, e levámolo a lume medio ata que comece a ferver. Mantemos un fervor suave durante 5 minutos aproximadamente.

Poñemos nun recipiente o tofu, o leite de coco fervida, o zume de limón e o azucre e batemos o conxunto ata obter unha crema sedosa e sen grumos. Vertemos esta mestura no molde e refrixeramos un mínimo de 2 horas.

Pasado o tempo de arrefriado, desmoldamos coidadosamente e decorámola con marmelada ou as froitas que máis nos gusten.

MÁIS
Opcións