INGREDIENTES:
2 botes de tofu Landeira Natural.
5 limóns.
2 culleradas de fariña de maíz.
10 ml de auga.
1 cullerada de sirope de arce.
Unha pizca de pementa branca.
Aceite de oliva virxen.
Sal.
ELABORACIÓN:
Escorremos o tofu.
Raiamos la pel dun limón e facemos o zume dos cinco limóns colando a pulpa.
Mesturamos a auga ca fariña de maíz. Integramos unha parte do zume de limón coa fariña. Poñemos esta mestura nun cazo a lume removendo co resto de zume de limón, a raiadura e o sirope de arce. Rectificamos de sal.
Douramos o tofu cortado en rectángulos e engadímolo ó cazo da salsa de limón.
Presentámolo nun prato fondo con raiadura de limón por riba y cun anaco de limón e a papar!