INGREDIENTES:
1 bote de tofu Landeira Afumado
Calabizo (podes elixir entre doce ou picante),
Pemento
Allo
Ourego
Aceite de oliva virxe extra.
ELABORACIÓN:
Deixar polo menos un par de horas o tofu adobado en pemento, allo e ourego.
Pelar e cortar en toros o calabizo e pasámolo pola tixola cun pouco de aceite de oliva.
Dourar o tofu adobado nunha tixola cun bo chorro de aceite.
No vaso da batedora poñemos o calabizo, o tofu desmenuzado e aproveitamos o aceite que nos sobrara da tixola e trituramos.
Engadir un par de culleres sopeiras de auga para triturar máis facilmente.