INGREDIENTES:
1 bote de tofu Landeira natural.
120 ml de zume de limón
Raiadura de limón.
Cúrcuma moída.
1 sobre de Agar- Agar.
10ml de edulcorante.
Leite de soia.
Noz Moscada.
ELABORACIÓN:
Espremer o limón. Lavar ben o tofu e poñelo nun recipiente con 60ml do zume un par de horas para que colla sabor.
Engadir o resto do zume e o agar-agar, remover ata disolver. Lévalo o lume e quentalo un par de minutos para que non lle queden grumos.
Escorrer o tofu e levalo o vaso do batedor. Engadir a cúrcuma, a raiadura de limón fina e o edulcorante. Incorporar o limón co agar-agar e triturar todo ben.
Engadir a leite precisa ata dar coa textura adecuada, rectificar se fora necesario.
Deixar repousar 2horas na neveira.
Poñer noz moscada por encima para servir.