INGREDIENTES:
1 bote de tofu Landeira Afumado
250 g de lentellas
1 allo porro
3 patacas
2 cenorias
1.5 L caldo de verduras
2 culleres de tomate frito
Salsa Perrins
Åceite e sal
ELABORACIÓN:
Cocer as lentellas soas, entre 30-35 min, escorrer e reservar.
Dourar o tofu nunha pota cun chorro de aceite, agrega o allo porro e cociñar uns minutos.
Agregar o tomate frito e remover ata que se cociñe.
Engadir as patacas, as cenorias e o caldo de verduras.
Tapar e deixar cocer a lume medio-baixo ata que as verduras estean case listas.
Botar un bo chorro de salsa perrins ás lentellas e incorporar á pota.
Rectificar sal se fose necesario e… a comer!