RECEITA GUISO DE TOFU

INGREDIENTES:

1 bote tofu Landeira Afumado.
1 cebola.
2 patacas .
2 cenorias.
10 champiñóns.
2 allos.  
500 ml de caldo de verduras.
2 culleradas zume de limón.
2 culleradas de salsa de soia.
1 culler de aceite.
1 culler de fariña.
pemento doce e picante.
2 follas de loureiro.
Sal o gusto.

ELABORACIÓN:

Cortar o tofu e saltear ata que este ben dourado. Mentres preparar a salsa para adobar o tofu:


-1 cullerada de aceite
– 2 culler de salsa de soia
– 2 culleradas de zume de limón
– 1 allo ben picadiño
 
Cando o tofu este listo, metémolo nun recipiente ca salsa e regámolo ben. Reservar.

Nunha pota cun pouco de aceite poñemos a cebola e o outro allo picado. Cando a cebola comeza a poñerse transparente, engadimos a pataca cortada en anacos e a cenoria. Refogar todo e despois de darlle unas voltas, engadir os champis.

Poñer o caldo ata cubrir as verduras, esperar a que ferva uns 10-15 min. Engadir o  tofu que temos reservado e unha culler de fariña para espesar a salsa se é preciso, e deixar que ferva 5 min mais, e xa o teríamos listo para comer.

MÁIS
Opcións