RECEITA CREMA FRÍA DE TOFU E GARAVANZOS

INGREDIENTES:
2 botes de tofu Landeira Natural
200 g de améndoa crúa
100 g de garavanzos cocidos
1 allo
500 ml de auga
Aceite
Sal

ELABORACIÓN:
Partes o tofu e colócalo no vaso da batedora, incorporas as améndoas, os garavanzos o allo e a auga. Trituras ben durante 2-3 min, incorporas un bo chorro de aceite e crema lista para arrefriar.

Para servila incorporámoslle uns daditos de tofu frito e unhas sementes que quedan súper ben

MÁIS
Opcións