RECEITA BURRITO

INGREDIENTES:

1 bote de tofu Landeira Natural

Tortitas

Guacamole

Salsa de iogur

Lima

Chile

Tomate maduro 

Cebola morada 

Cilantro fresco 

Pemento verde e vermello

ELABORACIÓN:

Prensar o tofu para que elimine todo o líquido posible.

 Co tofu ben escorrido, cortalo en dadiños e deixalo macerar co chile e a lima.

Mentres preparamos o pico de galo: Pelamos os tomates e cortámolos en dados pequenos. Pasámolos a un recipiente. Engadimos os pementos, o cilantro e a cebola cortados en anaquiños pequenos. Mesturamos todos os ingredientes, salamos ó gusto e regamos co zume de lima  

Nunha tixola cun chorro de aceite aceite vamos dorar ben o tofu.

 Quentamos as tortitas e cando esten listas montamos o burrito do seguinte xeito: primeiro untamos o  guacamole sobre a torta, enriba colocamos o tofu, incorporamos o pico de galo e un chorro de salsa de iogur….está delicioso!

MÁIS
Opcións