TOFU LANDERIA: UN PRODUTO ARTESÁN ELABORADO EN GALICIA CON SOIA ECOLÓXICA

Data

José Antonio Landeira recolleu este ano o seu primeiro cultivo de soia para transformar en tofu natural ou afumado e demostrar que é unha rica alternativa á proteína animal, ademais de traballar na creación dunha hamburguesa e un queixo parmesano a partir deste vexetal.

O tofu é un gran descoñecido. Este produto elaborado a base de soia aínda non está asentado no día a día dos galegos, que apostan pola carne como principal fonte de proteína. Precisamente, para achegar o tofu a calquera persoa demostrando que  é saboroso e que ofrece múltiples posibilidades de consumo, a firma Tofu Landeira traballa na fabricación de diversos productos ecolóxicos elaborados en Galicia.

O que intento é sacar á rúa un tofu do que eu me sinta orgulloso, que sexa diferente aos demais. Un tofu que unha persoa non vexetariana coma en cru e lle guste, explica o responsable da firma, José Antonio Landeira. O gusto deste produto é moi particular, xa que tende a absorber os sabores nos que macera, polo que o xerente da firma decidiu apostar por unha proposta apta para comer en cru e que gostase tanto aos ciudadáns que están habituados ao tofu como aos que o proban por primeira vez.

Os inicios da marca

O responsable da firma é enxeñeiroo agrónomo e sempre quixo crear a súa propia empresa de ciclo pechado: desde o cultivo ata a explotación, a transformación e a venda. Tras viaxar por diferentes países, Landeira regresou a Galicia e en 2017 desenvolveu a idea cun compañeiro vegano, que máis tarde se desvincularía do proxecto.

Non quería buscar solamente unha alternativa vexetariana senón unha alternativa de alimentación diferente para non comer sempre proteína animal“, explica Landeira. A firma arrincou como Feixón Máxico e unha vez o produto elaborado se consolidou, o nome pasou a ser Tofu Landeira.

O tofu natural de Landeira (Cedida).
O responsable da marca confesa que sempre tivo interese nos vexetais e a súa importancia nutritiva. “A intención dende o inicio foi cultivar a nosa propia soia en Galicia e en ecolóxico para que sexa un cultivo diferenciado“, explica Landeira. Precisamente, a firma realizou este ano a primeira recolección de gran  prevé lanzar en 2022 as primeiras series limitadas do tofu galego con soia ecolóxica
 

Os produtos de Tofu Landeira

Tofu Landeira comercializa actualmente dous productos: tofu natural e tofu afumado. Ambos están elaborados con soia ecolóxica importada, pero a partir de 2022 a firma contará con opcións feitas en Sigrás, Cambre, con soia cultivada en Teixeiro (A Coruña). El tofu é o “emblema” da marca, pero o seu responsable xa traballa noutras posibilidades de transformación de soia para lanzar novos produtos ao mercado.

A nosa intención é sacar unha hamburguesa. Xa estamos facendo as probas dende hai uns meses cun par de hamburgueserías para ver a aceptación do público antes de levalas ao pequeno comercio“, explica Landeira. Outra das propostas gastronómicas na que traballa a empresa é un queixo parmesano vexetariano a partir da soia.

 

A soia é un dos mellores sustitutos da proteína animal, case un superalimento, porque é prácticamente o único vexetal que cumpre cos aminoácidos esenciais que precisa o noso organismo“, explica Landeira. O obxectivo deste emprendedor non é que a xente deixe de consumir carne, senón de proporcionarlle aos clientes outra opción para variar a orixe da proteína que inxeren.

Tofu Landeira busca quitarlles o medo aos cidadáns a probar produtos vexetarianos ou veganos e demostrarlles que é posible incorporalos no seu día a día para unha dieta variada. Precisamente para lograr este obxectivo, a marca apostou por un tofu que pode comerse nada máis sacalo do bote.

O tofu que elaboro pódese comer en cru e sabe ben, botándollo en taquiños a unha ensalada como se fose queixo“, explica el propietario de la firma.

 
O tofu afumado de Landeira (Cedida).

A posta do responsable da firma polo cultivo ecolóxico débese, principalmente, ao desexo de obter soia da maior calidade posible, xa que está libre de pesticidas e nitratos. O tofu, tanto ao natural como afumado, está a ser todo un éxito grazas ás vendas en tendas de barrio ou especializadas en alimentación ecolóxica e sostible.

La esencia do proxecto, resume Landeira, é a explotación da soia e o lanzamento de produtos elaborados para consumo humán. Esta marca galega con cultivo propio en ecolóxico chega para quedarse, lanzando ao mercado un produto cada vez máis demandado e demostrando que o tofu pode gostar incluso á xente que o odia.

Fonte: Quincemil

MÁIS nOTICIAs