GASTRO MOVIDA DESPIDE A SÚA SEGUNDA EDICIÓN EN VIGO CONSOLIDADO COMO CONGRESO GASTRONÓMICO DE REFENCIA

Data

Gastro Movida Summit consolidase tras a súa segunda edición como congreso gastronómico de referencia en Galicia. O evento feito ‘por e para a industria’ conclúe con éxito de afluencia de profesionais da industria gastronómica.

Mais de medio centenar de profesionais e unha vintena de empresas, ademais de asociacións, denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas, participaron activamente na Gasto Movida Summit 2023 que contou con mais de 300 asistentes de forma presencial e mais de 1300 vía streaming durante os tres días de evento, que serviu como punto de encontro para cociñeiros de prestixio, produtores, empresas do sector hostaleiro e outro actores vencellados ao mundo da gastronomía.

‘ Estamos moi satisfeitos pola acollida que tivo o congreso e de situar a Vigo como capital da industria gastronómica por segundo ano consecutivo’, destacou David Suárez, CEO de Diesemm e socio de Gastrofy& CO, empresa organizadora. ‘ Promovemos o coñecemento, descubrimento de empresas con proxección, conectando a diferentes actores da industria e tamén desfrutando de degustacións e catas’, engade.

O evento, incide, ‘ está en vías de conseguir o obxectivo que se marcara: ser un movemento social da cidade e un vehículo para potenciar unha movida real dentro da industria gastronómica galega, ao igual que a movida musical viguesa dos 80’.

O congreso contou coa presencia, entre outros, dos cociñeiros Rafa Centeno, De Maruja Limón (estrella Michelín); Alberto González, de Silabario (Estrela Michelín); Borja Martiño, de Xef Oslo, en Noruega; Víctor Conus, de La mesa de Conus; Andrés Médici, de PurOsushi; u Óscar Gutiérrez, de Crudeza.

Gastro Movida Impulsa: propostas innovadoras
Entre os diferenciais de GMS, contou cun espazo para coñecer startups relacionadas coa industria, Gastro Movida Impulsa, no que participaron diversas empresas que contaron os seus proxectos innovadores e con potencialidade.

Venneta Vegan Food, primeira marca de carne vexetal galega, que alzou o primeiro posto da Gastro Movida Impulsa. O segundo lugar foi para Salmoira, que recupera sabores esquecidos a través do salazón, o afumado e escabechado en peixes e mariscos. En canto o terceiro posto foi para YowUp!, unha marca que elabora iogures para cans e gatos.

Ademais presentáronse outras sete startups. Tabalú, unha empresa de alta cociña deportiva para profesionais; Calabizo, innovadores tras elaborara o primeiro chourizo 100% vegano; o Porco Silleiro cun proxecto de recuperación de este animal en Boborás.

Deste modo tamén participaron Vioncas Bake, que elabora empanadillas galegas a man conservando o sabor de sempre; Zumiño, empresa que produce bebida de calidade dende o Baixo Miño; o Naboo, que ten un software de pedidos do canle HORECA para provedores cun sistema de xeolocalización; e Landeira, que elabora tofu natural e afumado feito a man en Galicia a partir de soia ecolóxica cultivada por eles mesmos.

‘Debemos destacar a calidade dos proxectos presentados que poñen en valor as ideas made in Galicia e o noso talento, tamén no mundo da gastronomía e da alimentación. Gastro Movida Summit quere ser un lugar de referencia onde esas empresas emerxentes en idades temperás veñan a expoñerse e busquen inversores’, remarcou Suárez.

Fin de festa: Campus Wine e Premios María Pulpi
O fin de festa da tarde do martes marcouno o Campus Wine, dirixido polo sumiller Juanjo Figueroa Treus, e que contou, entre outros, coa participación do recoñecido científico Rubén López-Cortés, membro do equipo de Bullipedia e de Bullifoundation. Durante a cata social na que os asistentes puideron degustar cinco viños e se entregaron os Premios Mari Pulpi que buscan recoñecer o talento e o traballo da industria gastronómica.

Este ano os galardóns recaeron no chef Javier Olleros, de Culler de Pau ( dúas estrelas Michelín); Xosé Luís Reza, socio e director de márquete en IUNI, presidente fundador de Markea e director de Amigos da Cociña Galega; y AHOSVI.

Fonte: Metropolitano.gal

MÁIS nOTICIAs