Dos 14 proxectos seleccionados para formar parte da quinta Business Factory Food (BFFood) catro accederán ao programa de consolidación e dez ao de aceleración. A gran maioría deles son startups galegas, pero tamén están presentes iniciativas de País Vasco e Canarias.
YOWUPMILK é o primeiro dos proxectos seleccionados para o programa de aceleración. Propón o desenvolvemento de leite e iogures para cans e para gatos en formatos adaptados ao mercado, cunha vida útil de 18 meses, sen frío e cunha formula adaptada ás súas necesidades nutricionais.
GRABITVISION desenvolve solucións de visión artificial para o sector agroalimentario, a través dunha plataforma propietaria baseada en Deep Learning que permite desenvolver de maneira rápida e flexible diversos casos de uso nun hardware de custo reducido.
SALMOIRA pretende o desenvolvemento de produtos semiconservados para o seu consumo directo, produtos de quinta gama ou a salgadura de alimentos como método de conservación para o seu posterior consumo desalado. Tamén desenvolve de maneira industrializada dun novo produto envasado e conservado, destinado a canle horeca ou alimentación gourmet.
ANFOOD traballa nun produto plug & play que aprenda de maneira automática a detectar anomalías en imaxes de comida, de tal forma que calquera persoa sen coñecementos en Intelixencia Artificial poda levar a cabo un sistema de detección de corpos estraños de maneira autónoma.
GRADHOC desenvolve unha plataforma multiprotocolo de intelixencia artificial para a monitorización, optimización e automatización de instalacións e alarmas, con análise preventiva e preditiva. Os principais beneficios para as empresas alimentarias serán a xestión e a optimización da enerxía en instalacións frigoríficas.
NIGAL é unha iniciativa para xestionar stocks de maneira automatizada e facer predicións de vendas a partir de datos históricos mediante algoritmos de intelixencia artificial para diminuír o impacto da situación actual de incremento do prezo de materias primas e o grao de incerteza nos prazos de entrega.
TOFU LANDEIRA é un proxecto que fabrica tofu ecolóxico en base soia cunhas calidades organolépticas moi diferenciadas ao existente no mercado, elaborando, ademais, os produtos a partir de cultivo ecolóxico certificado propio.
RECARBO utiliza tecnoloxía blockchain para asegurar a rastrexabilidade de emisións de gases de efecto invernadoiro do produto desde a súa orixe, avaliando e acreditando a veracidade das emisións xeradas en toda a cadea de valor a fin de poder certificar un produto neutro en carbono baixo un estándar recoñecido internacionalmente.
BIOCROPS é unha iniciativa enfocada a desenvolver fertilizantes ecolóxicos a partir de subproductos da cría de larvas de Tenebrio Molitor, xerando un abono orgánico 100% natural, previndo a degradación do chan de maneira sostible e obtendo quitina como biofortificante, en favor do Urban Farming.
SEXA 4.0: A proposta de valor de SEXA 4.0 é sensorizar os cultivos mariños para poder comprender, con tecnoloxías avanzadas de tratamento de datos, os principais factores que inflúen na obtención de produtos de calidade excelente. Proxectos seleccionados no programa de consolidación Pola súa banda, no programa de consolidación de Business Factory Fodo participarán: NSF 4.0: Néboda é unha startup enmarcada no ámbito da agricultura vertical de interior, que ten como misión a produción de vexetais da máis alta calidade, de proximidade, cultivados preto dos puntos de venda e dos consumidores, dun modo sostible, minimizando ao máximo a pegada ecolóxica e independente da estacionalidade.
BUFFET WASTE é un proxecto que conta cun sistema intelixente de medición do desperdicio alimentario xerado nos buffets e puntos de restauración dun establecemento hostaleiro. Este aplicativo permitirá cuantificar os residuos de comida do buffet diferenciándoos por tipoloxía, e vinculados ao perfil do tipo de cliente aloxado.
ENZICAS. Trátase dunha empresa que levará ao mercado un aditivo alimentario natural que reduce os tempos de maduración de queixos e embutidos conseguindo unha optimización dos custos operativos, reducindo a adición en sales no produto final e as emisións de CO2 producidas ao longo do proceso produtivo.
PROVIDE é un servizo de diagnóstico e asesoramento personalizado ao sector vitivinícola para o desenvolvemento de solucións biotecnolóxicas de control de enfermidades e valorización de subproductos.
Apoios da BFFood Todas estas iniciativas recibirán apoio integral e especializado, durante nove meses no caso do programa de aceleración, e doce no de consolidación, con acceso a mentoría, formación, coaching, servizos técnicos, infraestruturas e medios especificamente concibidos para o seu ámbito de desenvolvemento. O obxectivo é impulsar a súa idea innovadora para facer fronte aos retos do sector alimentario.
Ademais, cada startup do programa de consolidación terá a oportunidade de recibir apoio económico, a través de préstamos participativos de XesGalicia que poderían conlevar unha opción de capitalización de ata un máximo de 250.000 euros. No caso do programa de aceleración, os proxectos poderán acceder a financiamento da Axencia Galega de Innovación (Gain), de 25.000 euros a fondo perdido, e de XesGalicia, a través dun préstamo participativo de ata 50.000 euros. Grupo Lence, Innolact, Grupo Nova Pescanova, Grupo Pereira, Viña Costeira, Hijos de Rivera, Adegas Martín Códax, Congalsa e Gadisa, Agaca e Clusaga exercerán como mentoras dos participantes na aceleradora.